Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Soutomaior recibe o premio María Moliner polos seus clubs de lectura

biblio

O galardón, dotado economicamente, permitirá incrementar a oferta da biblioteca con novos fondos.

Por segundo ano consecutivo, a Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior acaba de recibir un dos premios María Moliner, outorgados polo Ministerio de Cultura e Deporte, por un dos seus programas de fomento da lectura entre a poboación.

Este ano o proxecto recoñecido foi “Unha biblioteca de club”, no que se engloban os clubs de lectura que ofertan o club de lectura fácil, de francés, de castelán, de galego e de literatura latinoamericana. A todo isto, hai que sumarlle o taller de teatro en francés para adultos.

O premio María Moliner está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes e conta cun premio en metálica que suporá unha nova axuda para a biblioteca municipal xa que permitirá ampliar a oferta cultural con novos títulos que formarán parte do catálogo nas próximas semanas.

A edil de Cultura, Noelia Ocampo, quixo agradecer a todos os participantes dos clubs de lectura e aos voluntarios que axudaron na coordinación dos grupos e que supón un recoñecemento o gran traballo que se realiza desde a biblioteca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará