Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición do Mundialito da Xunqueira para os máis peques

Mundialito peques 2

O grupo Casa Paco 81 prepara a XLVI edición do Mundialito da Xunqueira cun evento dedicado aos máis pequenos. Despois de dous anos de parón pola pandemia volven á Pista da Xunqueira equipos que van dende a categoría Alevín ata Chupete. A inscrición está pensada para idades comprendidas entre os 12 e 2 anos e o prazo remata o 18 de xullo.

A quenda das categorías Cadete e Sénior do Mundialito remata o día 24 de xullo. O 25 do mesmo mes comezan as competicións dos Alevíns, Benxamíns, Promesas, Biberóns e Chupetes que se alongarán ata o día 4 de setembro.

O evento organizado polo club Redondela FS coa colaboración do Grupo Casa Paco e o Concello de Redondela ten unha cota establecida de 10€ por persoa, pero para aqueles que teñan á súa disposición a licencia Federativa tramitada cun dos clubs organizadores o prezo baixa ata os 8 euros.

 Esta cota sirve para cubrir os gastos derivados da formación dos equipos así como para mercar a camiseta do equipo no que se participe. O club deportivo axuda coa distribución das camisetas, pero o pantalón ou demais equipamento correrá a cargo de cada participante.

Para mais información podedes contactar a través do número de teléfono 658 36 41 34 (Iván), consultar o taboleiro do Multiusos de Redondela ou as redes sociais do Grupo casa Paco 81.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará