Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Salitre promove os deportes náuticos co aluguer gratuíto de material e clases ao alcance de todos

salitreclub

Cesantes é un centro neurálxico para os amantes dos deportes do mar. Paddle surf, Kayak, wind… son moitas as modalidades que se desenvolven neste punto da enseada e que levaron a Artur Fariña Pedreira a crear o Club Deportivo Salitre. Unha entidade que vén de recibir unha subvención do o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo – A Guarda que lles permitirá poñer a disposición das persoas interesadas o material necesario para realizar estes deportes completamente de balde.

Elena Portela forma parte tamén do Club. Lembra o seu nacemento “hai apenas un ano” da man de Artur, director deportivo do club, que pola súa vinculación co deporte e co mar decide poñer en marcha esta iniciativa que busca promover e achegar os deportes de mar a todos os públicos “independentemente dos seus perfiles”.

As primeiras actividades que desenvolveron foron os campamentos para nenos que se realizaron o ano pasado e repiten neste verán. Unha proposta na que os participantes combinan xogos na area  (tenis de praia, voleibol) ata xogos diversos no mar. O obxectivo é achegar todas as disciplinas náuticas á rapazada ao tempo que tamén lle dan a coñecer o traballo que alí se desenvolve “que os nenos sexan conscientes da nosa vinculación co mar e que o valoren”.

Elena Portela, Club deportivo Salitre

Un dos seus proxectos “Alternativa cultural e de ocio sostible na Enseada” vén de recibir unha subvención do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo – A Guarda, unha colaboración económica que lles permitirá organizar e poñer a disposición da veciñanza numerosas actividades de balde.

De feito, a partir do vindeiro luns día 18 as persoas interesadas xa poderán acceder a ese material gratuíto e cursos das diferentes disciplinas náuticas en nivel de iniciación “para espertar unha afección a unha actividade saudable”. Queren tamén fomentar o deporte entre mulleres polo que organizarán cursos exclusivamente orientados a elas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará