Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 100 riders do mundo participan no V Kite Fest Cesantes

108179901_946280012462423_596917226979988631_n

A quinta edición do Kite Fest Cesantes celébrase esta fin de Semana na enseada da Illa de San Simón. Este ano conta con máis de 100 riders de todas partes do mundo que competirán nas categorías de Twntip, Kite surf, Kite foil ou Wing  para gañar o Trofeo Xacobeo. O evento está organizado polo club de Kite Surf de Cesantes e o Concello de Redondela en colaboración coa Xunta e a Deputación de Pontevedra.

Ademais das competicións o festival transforma a Praia de Cesantes nun espazo con zonas de recreo, actividades para nenos e nenas e concertos. O sábado 16 tocará “La patrulla” de Baiona ás 22:30h.

“A idea xeral é repetir o de todos os anos, pero con melloras”, conta a organizadora Clara Giraldo.

A novidade de este ano son os riders internacionais.  Grazas o éxito e crecemento do festival ao longo dos anos a competición subiu moito de nivel e podemos atopar entre os participantes a campións e campioas do mundo como o francés Arthur Guillebert que dispón do título de “Campión do mundo de Freestyle 2021”.

“En España hai eventos moi famosos, como o de Tarifa, e agora nós tamén estamos posicionados o mesmo nivel”.

 Clara Giraldo, directora e organizadora do festival,  asegura que o evento é un atractivo turístico para a Vila de Redondela e aporta moita diversidade, así como riqueza cultural e económica.  

“O Kite Fest Cesantes sitúa a  Redondela e Cesantes  por todo o mundo”.

Este ano as restricións da pandemia non serán un impedimento, porque ao ser un encontro deportivo ao aire libre non é necesario o uso de máscaras, nin haberá normas para o uso dos espazos. “O protocolo da federación nos impedía prestar material os participantes ”.

“Esta será unha edición que volve a normalidade que coñecíamos antes da pandemia”.

Dende a organización animan a xente de Redondela a gozar dun día de verán con actividades, espectáculos deportivos e música. E sobre todo a apoiar os riders redondeláns  que soen quedar en posicións moi altas dentro das clasificacións, xa que temos no noso municipio a grandes deportistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará