Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior queda sen pediatra no mes de xullo

centro saludr souto

O BNG da localidade denuncia que a decisión do Sergas de non cubrir as vacacións dos profesionais supón que o centro de saúde quedará sen o servizo de pediatría neste mes de xullo. Por ese motivo anuncian a convocatoria dun pleno extraordinario e mobilizacións ante o que consideran “unha nova falta de respecto á veciñanza por parte da Xunta”.

Explica o deputado galego e portavoz municipal que, logo da queixa por parte da veciñanza de Soutomaior de non poder solicitar cita para pediatría,  dirixiuse ao centro de saúde de Arcade a interesarse pola situación onde lle confirmaron que a profesional de pediatría está no seu período de vacacións e o SERGAS non vai cubrir esta baixa.

Isto tradúcese en que Soutomaior queda sen este servizo durante todo o mes, atendendo a enfermeira as urxencias máis leves e derivando a Vilaboa e Pontevedra as máis graves. Ante o que dende o BNG consideran unha nova falta de respecto a Soutomaior, a súa veciñanza e os profesionais sanitarios, así como, un grave ataque á sanidade pública, Manu Lourenzo anunciou que xa rexistraron a solicitude dun pleno extraordinario para esixir responsabilidades a quen corresponda. “O primeiro que fixemos foi solicitar este pleno, e chegaremos até onde faga falta, esta nova falta de respecto non vai quedar impune, e comezamos dende xa a preparar unha mobilización”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará