Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER intervén no control dun vertido en Cesantes

vertido redodnela

A Agrupación de Electores de Redondela denuncia que o Goberno municipal ten constancia, desde hai xa tres semanas, da aparición periódica dun vertido na praia de Cesantes e que non ten actuado para solucionalo nin para averiguar a súa procedencia. Ante esta situación, membros de AER, logo de ser informados por un veciño da zona, presentaron durante o mes de xuño na Concellería de Medio Ambiente varias denuncias alertando da presenza de espuma ao longo da praia. Tamén, nesa ocasión, deron aviso ao 112 e á Policía Local.

Explican dende a Agrupación que malia ter aberto a concellería de Medio Ambiente un expediente, “o certo é que ninguén se achegou á praia, nin se puxo en marcha o protocolo de actuación correspondente”.

Como consecuencia da inacción do goberno de Digna Rivas, responsables da agrupación trasladáronse o pasado xoves, 30 de xuño, á zona e observaron que a praia estaba de novo afectada polo que avisaron ao 112 e deuse traslado a Salvamento Marítimo que está a investigar o suceso.

Segundo AER, “esta situación deixa constancia da incompetencia da actual Concellería de Medio Ambiente de Redondela e da falla de persoal especializado”. “En lugar de prorrogar o servizo -continúa Villar- do técnico medioambiental durante o exercicio 2022, o Concello preferiu contratar tres electricistas, e aínda non cubriron a praza do Policía de Medio Ambiente que leva un ano de baixa”.

AER pide ao Goberno que asuma a súa responsabilidade nos continuos verquidos da praia de Cesantes e que esixa que se investigue se se trata dunha industria da Enseada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará