Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela sitúase a un punto de liderar a Liga Galega de Traiñeiras

291902501_5035272389934665_2739757144402057586_n

Esta fin de semana celebrouse a IV Bandeira Feminina XII GP Fandicosta no peirao da Mosqueira. Despois de dúas vitorias de Cabo nas xornadas anteriores, Chapela levou desta volta o triunfo  apertando a clasificación xeral.  

A pesar do mal tempo, Chepela e Cabo foron inalcanzables durante a regata. O equipo redondelá, finalizou con un tempo de 21:36,79, mentras que as de Boiro o fixeron cun crono de 21:42,51. En terceiro lugar chegou Mugardos (22:30,78), seguida de Tirán (22:50,03), Rianxo (22:55,98), Puebla (23:43,93), Riveira (23:56,15), Perillo (23:56,21) e Castropol (24:33,14).

En canto a Liga A de Remo, esta fin de semana disputouse a XL Bandeira Concello de Moaña onde a vitoria  foi para Bueu, chegando por diante das dúas traiñeiras moañesas, Samertolameu e Tirán.

Neste momento, a clasificación xeral da Liga Galega está moi apertada entre Cabo dá Cruz que lidera con 26 puntos e Chapela-Wofco en segunda posición con 25. Uns resultados que xeran emoción e tensión entre os afeccionados a este deporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará