Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os peregrinos viven Redondela

WhatsApp Image 2022-06-30 at 12.47.57 PM

Polacos, Portugueses, Italianos e un sinfín  de turistas internacionais paran estes días en Redondela na súa peregrinaxe a Santiago. Grazas ao bo tempo e a gran afluencia de xente as rúas recuperan o seu ambiente concorrido da prepandemia.

Este tipo de turismo soe ter unha connotación relixiosa como é o caso de Pablo, un Polaco que xa fixo o camiño máis de cinco veces, debido a súa devoción como sacerdote. A súa intención é espiritual, pero recoñece que tamén ten tempo de gozar.”Parei na praia da Marina para mergullarme e encantoume”.

Somos un grupo de 25 pero camiñamos pola nosa conta”, explica Pablo.

A  relixión xa non é a única motivación deste tipo de turismo, pois os paisaxes e as actividades saudables son tamén de interese para moitos peregrinos. Paulina, unha muller natural de Colombia,  está facendo o camiño portugués co seu fillo e abraiouse coas pontes romanas e os parques ben coidados, pero tamén co trato da xente galega. De Redondela destaca o Casco Vello e a Igrexa de Santiago.

“Para nós que vimos de América os camiños tan antigos que hai en España son fascinantes”, conta Paulina.

Nirka é unha moza de Madrid que decidiu facer o camiño sola. Despois de moitos anos sen poder compaxinar as vacacións coas dos seus amigos e amigas atreveuse a facelo pola súa conta e non está nada arrepentida. “Todo o mundo me trata estupendamente e estou moi cómoda nos albergues”.

“Quería facer o camiño dende Madrid pero decidín facer un máis curto”  

O Grupo Don Simone di Malonno son un conxunto de case 30 persoas  italianas que viaxan xuntos a pesar das dificultades que implica a loxística a hora de mover a tanta xente.

Un dos membros do grupo mandan un saúdo aos redondeláns.

Por Redondela pasan persoas de todas partes do mundo, xerando diversidade e propagando a beleza da nosa vila. Moitos pasan o día e visitan a Oficina de Turismo para que lles indiquen os lugares máis emblemáticos. Outros, aínda que só pasen a noite, tamén gozan dos nosos restaurantes para repoñer forzas.

“Tomámonos o camiño con calma e despois de descansar utilizaremos a guía para visitar Redondela”, conta Paula de Madrid.

O Turismo xerado polo camiño de Santiago ten as características de ser rápido, pero moi numeroso. Aínda que as estancias sexan de un día ou dous xeralmente, son tantas as persoas que pasan polos albergues  e restaurantes redondeláns que xenaran unha riqueza económica e cultural moi importante durante todo o ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará