Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de lingua de signos para achegarnos á comunidade xorda

linguasignos

O Concello de Redondela oferta un curso de iniciación á lingua de signos que dará comezo o vindeiro luns e que se desenvolverá os luns, mércores e venres no Multiúsos da Xunqueira. Unha actividade de balde na que compre inscribirse previamente no rexistro do concello.

“Non podemos coñecer unha lingua sen coñecer a comunidade de persoas que a empregan” por ese motivo neste curso de 30 horas ademais de aprender os signos básicos para poder comunicarse cunha persoa xorda, os participantes tamén coñecerán cales son as características psicosociais e culturais da comunidade xorda. Así nolo explicaba dende a inicativa En Lingua de Signos, David Fernández.

Unha formación que ten ademais dous obxectivos claros: mellorar a inclusión social das persoas xordas que poden así atopar en Redondela xente coa que comunicarse, pero tamén para as persoas oíntes que acceden a esta formación o que supón unha mellora notable no seu curriculo que o beneficia como elemento diferenciador.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará