Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licita as obras de cambio de cuberta do patio do colexio de Cedeira

cole cedeira

A Xunta vén de publicar a contratación da obra para substituír a cuberta da pista deportiva existente no Colexio Público de Cedeira por un importe de 132.308,13 €. O proxecto propón a retirada da cuberta de amianto, que se atopa en avanzado estado de degradación e a súa substitución así como o cerramento dun dos laterais da pista para crear así un espazo protexido da chuvia. A maiores contempla a plantación dunha barreira acústica a base de árbores de porte alto para separar a parcela do centro do cemiterio anexo.

Tras anos de reclamacións, a comunidade educativa do colexio de Cedeira está de parabéns. A Consellería de Educación, tal e como confirmara a semana pasada no Parlamento, vén de licitar o cambio da cuberta da pista deportiva. Unha cuberta de amianto que se atopa en moi mal estado, con buracos e pingueiras que impiden ao alumnado o uso deste espazo en días de choiva ademais de tratarse dun material potencialmente perigoso cando presenta un estado de deterioro tan elevado.  

As empresas interesadas en executar a obras deben presentar a súa oferta antes do 21 de xullo. Establécese ademais un prazo de dous meses para a realización dos traballos unha vez adxudicados co obxecto de que estea rematada no curso 2022-23.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará