Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición do fotógrafo Jorge Sanz para reivindicar a riqueza da fauna do Vergudo e Oitavén

expo

“Os habitantes do paraíso do Verdugo e Oiravén” é o nome da exposición na que se recollen máis de medio cento de imaxes da fauna que atesouran as ribeiras destes ríos ameazados polo estudio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A mostra, organizada pola plataforma “Encoro non” estará exposta no Centro Sociocultural de Forzáns durante o mes de xullo e poderá ser visitada as fins de semana

Na mostra pódense observar fotografías ampliadas de animais tan esquivos e difíciles de avistar como a lontra ou o picapeixe (martín peixeiro) que en toda a súa riqueza e esplendor cromático é recollido con total precisión polo obxectivo que manexa con destreza Saenz de Miera.

Durante o acto de inauguración da exposición, ademais do autor das fotografías interviu a presidenta da Asociación de Veciños de Forzáns e voceira da Plataforma, Pilar Fernández, quen agradeceu o inxente traballo levado a cabo por Jorge Saenz de Miera e defendeu a necesidade da unión entre a veciñanza como xeito de opoñerse aos plans da Confederación Hidrográfica Miño-Sil de querer construir dous encoros e un transvasamento para abastecer de auga a Vigo e a zona sur da provincia de Pontevedra. Ademais avogou por impulsar novas culturas do uso racional da auga, como un ben escaso, e evitar o despilfarro do líquido elemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará