Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caramés e Ube súmanse ao cadro de xogadores do CDChoco

chocoxogador

Dua novas incorporacións para ir perfilando o equipo choqueiro que xogará a súa décima tempada consecutiva na Terceira RFEF. Óscar Caramés, extremo procedente do Cultural Areas, e Álex Ubeira, mediocentro procedente do Alondras CF. súmanse ás filas do club choqueiro.

Álex Ube chega a Redondela tras disputar a pasada campaña no Alondras CF. Un xogador que se formou nas filas do RC Celta de Vigo e que pasou por disciplinas de clubes como a SD Compostela. Se por algo destaca este xogador e pola súa saída con balón dende atrás, ao que lle gusta o trato co esférico, ao que sempre busca polo que non sorprenderá velo en posición máis adiantadas cando o equipo se atope nunha fase ofensiva. Pola súa parte o extremo Caramés, é un xogador moi vertical, que pode aportar profundidade ao equipo, asistencias e gol.

Dúas novas adquisición que chegan ao equipo con ganas de facer ben as cousas en Redondela, e aspirar a que “estea nos postos de arriba”, pero para iso quedan meses de traballo nos que terán que gañarse a confianza do adestrador, Juan Amoedo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará