Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban nas instalacións da Asociación Andaina en Trasmañó

maquinaria roubda

Os ladróns leváronse maquinaria e ferramentas diversas que forman parte do programa de formación laboral que imparte a Asociación de persoas con necesidades especiais. O presidente de Andaina, Antonio García lamenta o revés que este roubo supón para as actividades da asociación e a situación de vulnerabilidade que queda logo dun suceso destas características.

Os feitos producíronse previsiblemente na noite de San Xoán e sería o sábado cando os membros da asociación se atoparían coa desagradable sorpresa de que se levaran a maquinaria que se empregan para o mantemento das zonas verdes e a horta como o cortacéspede, a desbrozadora e outras ferramentas “deixando practicamente baleiro o almacén”.

Ademais do prexuizo económico que para esta asociación suporá repoñer todo este material que se conseguira grazas en gran medida ao esforzo de empresas de Redondela que confiaran no seu proxecto, salientan tamén a “sensación de vulnerabilidade” na que queda a Asociación.

Antonio García confirma que xa presentaron a denuncia correspondente na Policía pero que non confían en recuperar o roubado.  O seu temor agora é que se volva repetir o roubo ao estar as instalacións nunha zona apartada no centro sociocultural de Trasmañó.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará