Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa únense á plataforma Encoro Non

confrarías encoronon

 Consideran que un cambio no nivel de salinidade, provocado por un eventual encoro en Forzáns ou un transvasamentos dende o Verdugo como propón a Confederación hidrográfica Miño-Sil, podería arruinar por completo o recurso sostible existente na enseada de San Simón.

A Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade, a Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira de Vilaboa e a Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela, sumáronse á Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON no transcurso dunha xuntanza mantida con responsables desta organización.

No encontro púxose de manifesto que calquera agresión sobre as concas do Verdugo e Oitavén causarían un “dano irreparable e irreversible” sobre a ría xa que estes dous ríos subministran un caudal continuo de auga doce que repercutiría de xeito directo na salinidade da ría e da enseada de San Simón e, polo tanto, nos ecosistemas que habitan na mesma. É de sobra coñecido que os cambios na salinidade afectan aos ecosistemas e, nalgúns casos, xa teñen provocado a mortandade de diferentes especies, sobre todo dos moluscos bivalvos, como os berberechos ou as ameixas.

Neste senso, a execución das alternativas propostas no estudo para o abastecemento de auga a Vigo e a zona sur de Pontevedra, encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, suporía unha “estocada mortal” ao sector marisqueiro que xa está a pasar por serias dificultades cun desplome das capturas motivado, entre outros factores, pola contaminación e o cambio climático. 

 “Ademáis do atentado ecolóxico que suporía facer unha aberración deste tipo, tanto o transvasamento como o encoro, botarían por terra o noso xeito de gañarnos a vida e poría en serio risco a biodiversidade marina dun dos espazos máis senlleiros de Galicia que se vería ferido mortalmente por esta agresión salvaxe”, manifestaron as mariscadoras.

Na xuntanza participaron o patrón maior de Arcade, Gonzalo Reinoso, a patroa maior de Vilaboa, María del Carmen Cortegoso Gómez, e a vicepresidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela, Nuria Novelle Zabaleta. Pola Plataforma asistiron a voceira, Pilar Fernández, así como Fernando Malvar, Bruno Castro e Rebeca Moares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará