Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un verán cheo de música

WhatsApp Image 2022-06-23 at 2.49.00 PM

Redondela vivirá nas vindeiras semanas unha intensa programación cultural festival con 41 eventos de carácter musical. Do 29 de xuño ao 10 setembro poderemos gozar de actuacións entre os que podemos atopar a artistas recoñecidas como Susana Seivane e Sheyla Patricia. O momento rock and roll estará ofrecido por Herdeiros da Cruz, M-Clan e o ex-integrante de Siniestro Total, Miguel Costas.

Nestas xornadas festivas o Concello de Redondela aposta  polo local programando grupos redondeláns como as Efémeras, RMS, Breocáns ou Seso Durán, entre outros. Un dos obxectivos é achegar a cultura ás parroquias facendo concertos no Campo de San Pedro, na Praia de Cesantes, no Torreiro de Reboreda, na Finca do Carballo das cen polas, na Miñoteira en Ventosela, Cedeira e Chapela .

“Apostamos por achegar a cultura as parroquias”, conta a alcaldesa.

O 28 de xuño comeza a programación,  data sinalada por ser o día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ que estará representado coa actuación das Girl’s Gang. Este evento será o primeiro dunha axenda que pretende ser “inclusiva e feminista” en palabras da alcaldesa Digna Rivas.  O calendario tamén inclúe a outras mulleres artistas como Susana Seivane o 24 de xullo, Sofía Espiñeira o 10 de Xullo, Sheyla Patricia o 13 de agosto e De Vacas o día 20 de agosto durante a celebración do entroido de verán.

“A programación ten un marcado acento feminista”, explica Digna Rivas.

Unhas das actuacións máis esperadas é a de M-clan. Estarán en Redondela o 27 de xullo patrocinado polo Xacobeo, sendo esta é a única das actividades de pago que oferta a programación do Concello. Terá lugar no Campo da Feira e o prezo será de 8 euros por persoa. Dende o goberno local critican a decisión da Xunta de que este concerto sexa de pago.

“Somos o único municipio que ten que pagar por un concerto patrocinado polo Xacobeo”, explica a alcaldesa.

Chapela conta este ano con 10 actuacións que terán lugar  na alameda de Rosalía de Castro e no Paseo Marítimo da parroquia. Ademais recupérase  a festa Berete Rock, unha cita que regresa con forza despois dos dous anos de pandemia.

Xa no centro da Vila contaremos con Herdeiros da Cruz xunto con De Vacas que son os dous artistas confirmados para a  XXIII edición do Entroido de Verán. Un evento multitudinario que se celebrará o 20 de agosto e ao que se achegará xente de toda España.

“O Entroido terá unha presentación especial que aínda non podo adiantar”, Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará