Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia que o goberno local autoriza o uso de herbicidas na contorna do río Maceiras

maceiras

O emprego de glifosato en tarefas de limpeza ao carón da N-555 pode supoñer, segundo advirte a Agrupación, o envelenamento dos acuíferos da zona.

AER denuncia que o Goberno de Rivas vén de autorizar á empresa concesionaria do Ministerio de Fomento, UTE Conservación Pontevedra Sector 3, o emprego de herbicidas e produtos fitosanitarios nas tarefas de limpeza das beirarrúas na estrada N-555, en Redondela, durante tres meses. Esta actuación conleva, segundo a Agrupación, un grave risco de envelenamento do río Maceiras e dos mananciais naturais estremeiros a esta vía, sobre todo tendo en conta que a empresa ten previsto empregar glifosato, un  herbicida que, segundo estudos recentes, pode estar detrás de varias patoloxías e problemas de saúde. Tamén  provoca un grave impacto no medio ambiente xa que contamina os chans e a auga, afectando a organismos acuáticos e de terra e reducindo a diversidade e cantidade de especies vexetais e seres vivos cruciais para a agricultura, como son os polinizadores.

Segundo AER, “resulta incrible esta autorización sobre todo tendo en conta que Redondela está declarado Concello libre de herbicidas dende o ano 2012, cando se aprobou no pleno unha moción do BNG que instaba as administracións públicas a non usar este tipo de produtos no municipio”.

Por último, AER quere felicitar á veciñanza que denunciou este asunto publicamente nas redes sociais e foi quen permitiu descubrir esta mala xestión na Concellería de Medio Ambiente. Tamén entende a Agrupación que Digna Rivas debe depurar responsabilidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará