Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comeza o Campus de Verán do CD Balonmán Chapela

211260778_4455455301145128_5628492711426648541_n

Con motivo das vacacións de verán volve, como todos os anos, o Campus de verán do Club de Balonmán de Chapela. Nesta XXIII edición rapazas e rapaces entre 5 e 15 anos poderán desfrutar de diversas actividades, ademais de aprender balonmán da man de monitores especializados neste deporte.

O prazo de inscrición xa está aberto e continuará ata encher todas as prazas. A escola terá unha duración de dúas semanas e se divide en dúas datas diferentes: do 27 de xuño ao 2 de xullo e do 4 o 9 de xullo.

Os prezos varían en función de estar matriculado como socio no club, con descontos incluídos para aquelas familias que inscriban a irmáns. Unha semana custará 50 euros para os socios e 60 para aqueles que non o sexan.

As actividades inclúen clases de técnica deportiva, actividades ao aire libre, partidos disputados entre o alumnado e visitas sorpresa. Tamén celebrarase unha festa cada venres para que os nenos e nenas se coñezan e compartan momentos de diversión que axuden a facer novas amizades.

Podes inscribirte contactando aos seguintes números de teléfono: 666 44 99 02 ou 670 86 04 63.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará