Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR-Rodavigo e CD Chapela únense para celebrar o Balonmán na rúa

286985476_1820403178154690_3222138034379185929_n

Este ano a edición de Balonmán na Rúa celébrase en Redondela da man do club SAR-Rodavigo e o Club Deportivo Balonmán Chapela xunto co Concello de Redondela. Empeza esta fin de semana, despois de tres anos de ausencia por mor da pandemia.

Hoxe, venres 17, a partir das 17:30h dan comezo os partidos nas zonas da Alameda e a Xunqueira de Redondela coa participación das categorías Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Biberón.

Unha aposta pola canteira máis pequena dos clubs de balonmán redondeláns que pretende animar a xente a gozar un día de verán xogando ao aire libre, pero que  tamén serve de publicidade para animar as rapazas e rapaces novos a coñecer este deporte.

Ademais, con motivo das vacacións de verán volven os campamentos deportivos. O Club de Balonmán de Chapela abre o prazo de inscripción para a XXIII edición do Campus de Verán. Terá lugar do 27 de xuño ao 9 de xullo para nenos e nenas entre 5 e 15 anos de idade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará