Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un varón de 39 anos tras unha persecución policial polas rúas de Redondela

camiño xote

O condutor foi detido no Camiño do Xote, unha vía sen saída

O home, veciño de Pazos de Borbén conducía baixo os efectos do alcohol e protagonizou unha fuxida a media tarde de onte polo casco urbano que acabaría en Cesantes, cando se adentrou nunha rúa sen saída onde foi detido polos axentes. Na súa redución mesmo chegaría a agredir a un dos policías. O condutor está acusado de delitos contra a seguridade viaria. Dáse a circunstancia de que meses atrás fora detido por uns feitos semellantes.

Os feitos iniciábase ao redor das 18:40 da tarde, cando varias testemuñas alertaban aos servizos policiais da presenza dun vehículo que ía en dirección contraria, a excesiva velocidade e cuxo condutor ía berrando dende a ventaíña. Localizado o vehículo, unha furgoneta conducida por un veciño de Pazos de Borbén, os axentes déronlle o alto. Lonxe de deter o vehículo, o agora detido iniciou unha fuxida polas rúas General Rubín, Avenida Santa mariña, saltándose os semáforos que se atopaban en vermello e poñendo en perigo aos viandantes que nese intre estaban a cruzar a rúa e que  tiveron que esquivar a furgoneta. A continuación desviouse pola estrada Campo de Fútbol cara a Cesantes. Sería no Camiño do Xote, unha vía sen saída nas inmediacións do almacén de vías e obras, onde finalmente sería detido

Na súa redución, mesmo chegaría a agredir a un axente da Policía Local.

Ao condutor, que hai uns meses protagonizaba unha escena similar, foi detido neste caso por ter cometido tres delitos contra a seguridade viaria, por exercer unha condución temeraria, por ter o permiso retirado para conducir, e por negarse a realizar as probas de alcoholemia. A todo iso engádeselle un delito de atentado a axentes da autoridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará