Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Mera presenta na Casa da Cultura o seu libro sobre Alejandro Viana

viana

O acto terá lugar ás 20:00 horas e ademais do avogado e politólogo Roberto Mera, autor do libro, participarán o voceiro de Alén Nós, Andrés Laxe e a alcaldesa Digna Rivas.

“Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” (Belagua) é o título do libro que vén de gañar o Premio de Investigación Antón Losada Diéguez e no que se relata a historia dun home que decidiu asumir a obriga moral de axudar a milleiros de exiliados españois en Francia. Para Mera é un acto de xustiza recupera a historia de Viana. Un gran descoñecido malia a súa labor ao fronte de varias organización humanitarias que ller permitiron organizar dende Francia a saída de milleiros de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

 “Na Eurapa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecian por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877-Mexico DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podía alcumar como o Schindler galego”. De feito, cos alemáns en Fancia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando ós exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa a súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Roberto Mera narra neste libro a extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó, recuperando para a historia a proeza dun home íntegro e entregado aos demais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará