Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición dixital recolle imaxes da Festa da Coca tomadas hai un século

coca

A mostra leva por título «A Festa da Coca nos ollos de Friedrich» e poderá verseata o vindeiro domingo nos MUPIS ou dispositivos de carteis dixitais sitos tanto a rúa Casto Sampedro de Redondela coma na Avenida de Vigo de Chapela.

O Arquivo Municipal e Luis Borines preparan unha exposición dixital dunha serie de fotografías sobre a Danza das espadas cando cumpren xusto 100 anos. No 1922, Friedrich Christiansen, escritor e fotógrafo alemán, realizou unha viaxe por toda España retratando coa súa cámara e coas súas letras os sitios que lle chamaban a atención e dedicando un capítulo enteiro do libro Das Spanische volk (A xente española) a Redondela.

Friedrich quedou abraiado polos viadutos, polos conxuntos de canastros e polas artes de pesca da vila mariñeira, e no seu libro, publicado en 1937, dedica varias páxinas á Danza das Espadas, narrando o significado, a composición e a música.

Luis Borines, coleccionista redondelán, fíxose cun exemplar de Das Spanische volk adicado manuscrito polo propio escritor a un amigo, así coma das fotografías sobre Redondela que nelas aparecen. Borines compartiu co Arquivo municipal este tesouro, e xuntos comezaron a traducir do alemán as liñas escritas e investigar sobre as fotografías que nela aparecían sobre Redondela.

Coa chegada da Festa da Coca, e aproveitando que as imaxes de Friedrich cumpren xusto 100 anos, a Concellaría de Cultura promoveu a publicación das imaxes e do traballo de investigación realizado entre Luis Borines e o Arquivo municipal. A indagación de hoxe apoiouse nas propias fontes documentais, mais tamén nos datos atopados no propio Museo de Pontevedra, nas publicacións de Telmo Crespo Tojeiro ou nas charlas mantidas con Antonio Soto, estudosos da Historia de Redondela. Deste xeito Luis Borines e Ana Gesteira, responsable do Arquivo municipal, deron co puzzle narrativo que agochan as imaxes centenarias.

A información e as imaxes estarán á disposición da veciñanza a través dunha exposición online nos MUPIS ou dispositivos de carteis dixitais, sitos tanto a rúa Casto Sampedro de Redondela coma na Avenida de Vigo de Chapela dende o Sábado 11 de Xuño ata o Domingo 19 do mesmo mes.

Para aquelas persoas que non poidan achegarse á vila de Redondela, as imaxes serán expostas tamén a través das redes sociais do Concello de Redondela, así coma na páxina web.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará