Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior critica que o goberno local non bonificara os recibos do lixo e da auga á hostalería

souto

Lembra a formación nacionalista que o alcalde, Agustín Reguera comprometérase nunha xuntanza celebrada cos hostaleiros a finais do ano 2020 a bonificar estes recibos alegando que “son un factor fundamental da economía local”. Un compromiso que aseguran non se levou a termo xa que “segundo denuncian os propios hostaleiros esas bonificacións non foron realizadas”.

O voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo anunciou que “xa que o ano pasado, e pese a ter fondos para tal fin, o concello decidiu non axudar a hostalaría nos peores momentos da pandemia, incumprir o prometido e gardar os cartos no caixón, dende o BNG imos presentar unha iniciativa no próximo pleno para que se tomen as medidas necesarias para subvencionar a parte equivalente dos recibos xa cobrados e bonificar os próximos recibos mentres siga esta subida descontrolada de prezos”.

Así mesmo, tamén cualificou como “unha falta de respecto a hostalaría do noso concello que o alcalde incumprira a palabra dada” e rematou afirmando que “que precisamos un goberno que estea á altura e mire pola economía e emprego do noso concello, que sexa de fiar e non lle minta na cara aos traballadores no medio dunha pandemia con propaganda que logo non cumpre”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará