Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani abre as súas portas para amosar os proxectos educativos do alumnado

pedro floriani

“ExpoFloriani”, educando en proxectos para mudar o mundo, é o nome da mostra que se poderá visitar este mércores 15 de xuño a través da cal o centro educativo quere dar a coñecer os proxectos realizados polo alumnado no presente curso.

 “ExpoFloriani” recolle proxectos de diverso tipo e ámbito. A recuperación do monte e a limpeza de ríos e praias, así como a contribución na mellora de vida das persoas en risco de exclusión social ou das persoas cegas, son só algúns dos proxectos sobre os que traballou o alumnado do centro educativo ao longo do ano e que poderán verse nos stands que se situarán no patio do instituto.

A exposición é o resultado da aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas. O IES conta cun equipo de novas pedagoxías dende hai 5 anos que lle permite que unha parte importante do profesorado estea formado en liñas pedagóxicas e didácticas innovadoras a través das que o alumnado accede a un ensino de calidade baseado no desenvolvemento das competencias básicas.

O IES Pedro Floriani é un centro educativo que iniciou a súa andaina no curso 1983/84. O centro naceu como un Instituto de Formación Profesional ata que no ano 1998 pasou a ser un Instituto de Educación Secundaria. Dende ese ano o instituto foi gañando diversas vías e niveis educativos ata o momento actual no que conta con ciclos formativos básicos, medios e superiores, así como con Bacharelato, ESO e ESA, ademais de ser sede da sección de Redondela da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

O instituto entende o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino. O centro basea a súa actuación educativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxica.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará