Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A indignación crece na comunidade educativa de Cedeira ante a falta de resposta da Consellería

nenos cedeira

A ANPA do colexio de Cedeira asegura que a día de hoxe non hai ningunha información oficial sobre o proceso de licitación ou o inicio das obras para reparar a cuberta da pista de deportiva do Centro Educativo. Malia o comunicado en prensa por parte da Consellería a principios de maio sobre “un suposto investimento de 110.000 euros para facer esas obras, a día de hoxe seguimos sen ter documentación ou notificacion oficial sobre o tema”.

Amparo Cabaleiro, vicepresidenta Anpa Cedeira

“Reclamamos á Consellería de Educación que cumpra os seus compromisos e realice as obras tal e como anunciou nos medios de comunicación”. Esa é a demanda que a vicepresidenta da Anpa, Amparo Cabaleiro traslada aos responsables de ensino. Unha reclamación que entenden máis que xusta logo de 18 anos de espera. Confiaban que neste verán o asunto quedara resolto e se realizaran unha obras que servirían para garantir ao alumnado un espazo seguro e axeitado no que realizar as clases de Educación Física ou mesmo xogar nos recreos cando vai mal tempo. Con todo, a menos de dúas semanas de que se inicie o período de vacacións seguen sen ter nada en firme por parte da Consellería cando o lóxico sería que as obras se realizaran nestes meses de verán.

Asegura Cabaleiro que “as infraestruturas educativas están completamente abandonadas no noso concello por parte da Xunta” e explica que a situación do Colexio de Cedeira é preocupante pero non única “dende a Federación de Anpas estase loitar para que se retire o amianto tamén doutros centros como o IES Pedro Floriani ou a escola Infantil de Cesantes”.

Insisten dende a ANPA tamén na preocupación existente pola dispersión das fibras do amianto no ambiente como consecuencia da descomposición desta cuberta de máis de 20 anos e que consideran “un problema de saúde pública de primeiro orde”. Preocupación que comparten na Federación de Anpas e que fan extensivo ao resto de centro que tamén contan con infraestruturas deste material.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará