Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para se inscribir no XVII Torneo de Fútbol Sala de Chapela

arealonga fs

O Arealonga FS Chapela celebra o XVII Torneo de Fútbol Sala de Chapela, que se celebrará do 17 ao 26 de xuño, no Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto”.

Os interesados en subscribirse poderán facelo ata o 9 de xuño. O Torneo inclúe todas as categorías, dende “Biberón” ata o Sénior Masculino e Feminino. A competición xa é un referente no Concello de Redondela gazas a súa elevada participación tanto en equipos femininos como masculinos. Estímase de feito que pasen polo pavillón de Chapela ao redor duns mil deportistas durante os días do torneo.

Haberá galardóns para o equipo máximo goleador, o equipo menos goleado e o equipo que demostre maior deportividade. Os gañadores tamén recibirán un premio en metálico.

O equipo máximo goleador e menos goleado recibirán un trofeo. O campión e o subcampión recibirán premio en metálico.

As prazas son limitadas, os interesados poden poñerse en contacto co Arealonga FS a través do teléfono 662 111 339.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará