Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emilio Sánchez Santorio, dez anos ao fronte do Círculo Cultural Recreativo de Chapela

Directivos

Os membros da directiva nunha das últimas festas organizadas antes da pandemia (2018)

Unha década na que tivo que enfrontarse a unha pandemia que deixou baixo mínimos o número de actividades a desenvolver dende este centro. Confían en que este ano sexa o da recuperación polo que están a traballar xa en citas tan emblemáticas como a Festa da navalla, a festa do mexillón e tamén nesta edición serán os organizadores da Festa do Carme, logo de que así llo pediran os veciños cando se desfixo a comisión da festa.

Unha década de traballo ao fronte dunha entidade con 55 anos de historia, que busca reactivar a vida cultural e social da parroquia. Uns anos onde se puxeron en marcha iniciativas como a declaración de utilidade pública do Círculo, aínda en proceso, ou a remodelación da sede, que permite contar cun espazo máis moderno e accesible para os socios.

A súa xestión tamén estivo marcada pola pandemia, que nos últimos dous anos non permitiu celebrar diferentes actividades como a festa da navalla. Unha cita que este ano recuperan no inicio de xullo enmarcada dentro dunha celebración máis ampla que será a Festa do Verán. Como novidade cambia de ubicación trasladándose a alameda Rosalia de Castro.

Este ano asumen tamén a organización da festa do Carme, logo de que se desfixera a comisión e ante a insistente petición veciñal. Por este motivo tmaén solicitan a axuda económica da veciñanza xa que o orzamento que manexan para a celebración da festa a finais do vindeiro mes de xullo ascende a 25.000 euros

Tamén co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar ofertan aos nenos e nenas da parroquia actividades diversas dentro dun campamento cheo de deportes náuticos. Vela, kaiak, paddle surf ou banana así como diferentes actividades na praia son algunhas das propostas que inclúe este programa que se desenvolverá dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto. Un campamento que está practicamente cheo xa a día de hoxe.

Santorio amósase satisfeito polo traballo realizado estes anos e confía en rematar o mandato que concluirá no 2024 “a partir desa data o máis saudable sería que entrara xente nova con novas ideas e espírito renovado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará