Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conferencia sobre Ucraína e as claves para entender a invasión rusa con Carlos Taibo

carlos taibo

O escritor e profesor en Ciencia Política, Carlos Taibo será o encargado de impartir esta charla que se desenvolverá no multiúsos da Xunqueira o xoves 9 ás 20:00 horas. Unha actividade organizada polo Colectivo Republicano en colaboración coa Concellería de Cultura aberta a todo o público que queira achegarse.

“Nin guerra entre pobos nin paz entre clases” é o título da conferencia que se desenvolverá este xoves en Redondela. O autor do libro “Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía” regresa ao noso concello para falar da guerra que se está a vivir no leste de Europa. Unha charla na que presentará unha análise que busca contribuír á comprensión do conflito a través do repaso das súas causas, perspectivas e impacto en clave xeopolítica. Taibo achega unha reflexión crítica sobre o papel que tamén nesta guerra teñen Estados Unidos, a Unión Europea e a propia Rusia.

Markos Lareira, Colectivo Republicano

Unha conferencia seguida dun debate no que se confrontarán opinións e se reflexionará sobre unha invasión que se iniciou hai xa máis de tres meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará