Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os vándalos cébanse co mobiliario urbano na Avenida Mendiño

vandalos

Contedores envorcados, sinais arrancadas, papeleiras no chan… é o balance dunha madrugada, a do pasado domingo, na que os vándalos actuaron con saña nas proximidades do skate park da Avenida Mendiño. A policía incrementarán a vixilancia na zona nas vindeiras fines d semanas para evitar que se repitan este actos incívicos que supoñen un atentado contra o patrimonio común e un gasto para as arcas municipais. Fan un chamamento á colaboración cidadá para tentar da co autor ou autores dos feitos.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do sábado para o domingo nunha zona de gran concorrencia de xente nesas horas da noite, ao localizarse no lugar unha discoteca e outros locais de hostalaría. Con todo, tamén se produciron danos noutros lugares da vila como na zona da Pista da Xunqueira onde apareceu unha papeleira arrancada do sitio.

Uns actos vandálicos carentes de sentido e que supoñen un prexuízo para todos. Afortunadamente non se trata de algo habitual, malia que si se teñen detectado outro tipo de comportamentos tamén censurables como liortas ou carreiras entre vehículos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará