Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta expedienta ao Concello de Soutomaior por verteduras nas praias

vertedura

O portavoz municipal do BNG denuncia que dende o Concello non se puxo remedio a un episodio de verteduras nalgunhas das praias do concello. Unha situación que levou a Xunta, a través de Augas de Galicia a abrir un expediente sancionador a administración local que tería como consecuencia unha multa de 5.000 euros.

Explican dende o BNG que o vertido de augas residuais na praia da Xunqueira procedente das propias instalacións municipais de evacuación de augas pluviais producíase en agosto do ano pasado. Unha vez detectado, Sanidade notificoullo ao Goberno local e requiriulle un plan coas medidas a adoptar para solventalo, así como a acreditación de que as medidas fosen levadas a cabo antes do 28 de febreiro de 2022.

Transcorrido ese prazo, a Xunta denuncia que non ten constancia de que ese requirimento fose atendido, polo que decidiu abrir un expediente sancionador, que tería como consecuencia unha multa de 5.000 euros. O portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo, lamentou que eses 5.000 euros “van saír dos petos de toda a veciñanza de Soutomaior” pola “incapacidade do Goberno local de levar a cabo os requirimentos da Xunta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará