Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Coca xa ten o seu propio cupón da ONCE

WhatsApp Image 2022-06-07 at 1.24.45 PM

A ONCE en colaboración co Concello de Redondela estrean o novo deseño do Cupón Diario que sairá este mércores 8 de xuño. O cupón conta con 5 millóns de exemplares e está ilustrado coa imaxe da Coca, o dragón  da lenda máis emblemática da vila. A intención é promocionar de forma estatal a Festa da Coca que xa está declara de Interese Turístico de Galicia.

O director da ONCE de Vigo, Roberto Gaspar Conde, decidiu comercializar o Cupón coa Coca como protagonista coa intención de promocionar unha das festas máis importantes que se celebran entre os Concellos limítrofes con Vigo. Terá unha tirada de 5 millóns de exemplares que se repartirá entre os máis de 20.000 vendedores e vendedoras que teñen dispostos por todo o país.

“Escollemos situacións que poden ser de interés para a cidadanía”, explica o director da ONCE.

Entre as festas galegas que xa saíron no cupón atópanse a Festa do Polbo de O Carballiño ou a Festa da Arribada de Baiona. A proximidade da data da Festa da Coca coa saída do cupón foi o que fixo que este ano decidiran apostar pola promoción da celebración máis importante de Redondela. Este ano celébrase do 15 ao 19 de xuño e o cupón saíra o mércores 8 de xuño.

“Temos a nivel estatal moitas datas que engadir e procuramos deixar espazo a eventos locais”, conta Gaspar Conde.

A alcaldesa Digna Rivas agradece esta iniciativa e considera que o Dragón da Coca que ilustra o cupón honra a nosa tradición. Rivas considera que esta colaboración dalle recoñecemento a festa redondelá a nivel estatal, algo que serve para  que xente de todas partes de España coñezan a vila, a lenda ou incluso se animen a participar nela.

“O dragón que sairá no Cupón da valor a nosa festa”, explica Digna Rivas.

O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de medio millón de euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35 000 euros. A maiores haberá premios de menor cuantía segundo o número de cifras premiadas. Por exemplo, 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras.

A Festa da Coca de Redondela celébrase do 15 ao 19 de xuño e reunirá a varias decenas de miles de persoas na vila. Despois de dous anos de restricións pola pandemia, a celebración volve con toda a súa forza e tradición. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará