Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autómatas que toman vida no Festival Internacional de Títeres

alauda

O Festival Internacional de Títeres ofrecerá nesta fin de semana un amplo abano de propostas de balde a para todos os públicos con 74 funcións previstas no exterior serán de balde e sen reserva previa. Compañías chegadas de Arxentina, Italia, Portugal, Madrid, Aragón e, por suposto, Galicia, encherán os seis escenarios ubicados no Salgueiral, Praza do Concello, Pista da Xunqueira, Palco da Música, Soportais e o Campo da Petanca.

Unha das instalacións permanentes durante todo o festival é a que nos deixa Alauda Teatro con ‘Ingenii Machina’, unha proposta da compañía de Castela e León na procura de achegar e difundir, dun xeito ameno e divertido, os segredos da mecánica clásica. Unha actividade para xogar e descubrir o funcionamento dos autómatas, os monicreques xigantes ou realizar xogos de habilidade, que se poderá visitar de maneira ininterrompida o sábado de 17:00h a 20:00h, o domingo de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h, o luns de 17:00h a 20:00h e o martes, último día do Festival, de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

Alauda Teatro

Unha instalación interactiva “para tocar, sentir e xogar” e na que tamén os asistentes poderán facer música subíndonos a unha bicicleta moi particular.

Os espectáculos itinerantes volverán percorrer o centro da vila, e animarase a toda a veciñanza a participar activamente disfrazada de exploradores ou de personaxes fantásticas para acompañar as propostas dos ‘Animacreques’ de Catropés, os ‘Gigantes’ dos rioxanos de Birloque Títeres, a ‘Festa Xurásica’ de EducaTeatro ou os ‘Monstruos de la Universal’ e ‘Granujas a todo ritmo’ de MG Producciones.

Ademais de monicreques, a música estará moi presente nesta edición con concertos de Paco Nogueiras, Latexo Percusión, Uxía Lambona e a Banda Molona, Cé orquestra pantasma, Pakolas e Breocáns, e agrupacións como The Turre’s Band, Fanfarria Furruxa, Os Alecríns ou a Charanga Bicoia.

Volverá tamén o tradicional mercadiño titiriteiro (dedicado unicamente ao mundo dos monicreques) e os Títeres pola Gorra durante os catro días, nos que as principais prazas e rúas da vila encheranse do mellor teatro de monicreques e  da mellor música do panorama actual.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará