Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas amosa o seu total rexeitamento á decisión do Porto de recuperar o depósito de contedores en Rande

explanada

A alcaldesa de Redondela acusa a Autoridade Portuaria de actuar con total escurantismo ao retomar a almacenaxe de contedores no antigo cargadeiro de granito de Rande sendo coñecedores da oposición do Concello a esta actividade “polo impacto patrimonial e medioambiental que provoca na ría”. O vindeiro venres reunirase co presidente do ente, Jesús Vázquez Almuiña para abordar esta cuestión.

A actividade no antigo cargadoiro de granito de Rande retomábase días atrás, cando a empresa Terminales Atlánticas de Vigo trasladaba a este espazo equipos e grúas para o movemento de contedores.

Dende o goberno local amosan o seu total rexeitamento a este novo movemento da Autoridade Portuaria de cara a recuperar este espazo como depósito de contedores baleiros, “opoñémonos rotundamente e non o imos consentir” afirma Digna Rivas. Acusa tamén á entidade de “escurantismo” ao non informar en ningún momento ao concello e adianta que “se adoptarán todas as medidas oportunas para paralizar esta actividade no antigo peirao de granito”.

De feito, xa no 2018 esta explanada usouse con este fin e a presión exercida naquel momento polos colectivos veciñais acabou cesando a actividade.

Unha oposición á que se sumou tamén o Concello e da que é coñecedora a Autoridade Portuaria porque “así está recollido no proxecto de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) no que se recolle ese rexeitamento polo impacto que esta actividades ten sobre a ría nun espazo enmarcado en Rede Natura”.

Rivas amósase especialmente molesta porque hai tan só dúas semanas participou nunha reunión no Consello da Autoridade Portuaria de Vigo “sen que se nos comunicara a intención de retomar esta actividade na explanada de Rande” e por terse reunido con anterioridade co propio presidente da Autoridade nada máis asumir o cargo para trasladarlle a súa negativa a este tipo de ocupación nun espazo de especial protección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará