Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nespereira celebra a XVI edición da Festa do Ovo

festa ovo

A festa do ovo regresa este domingo a parroquia de Pazos de Borbén logo de dous anos de ausencia. Faino cunha oferta gastronómica centrada en variados pratos elaborados todos eles con ovos caseiros, máis de cinco mil unidades doadas polos veciños da zona e que permitirán servir unhas 1.500 racións.

Unha cita festiva e gastronómica que alcanza a súa decimosexta edición cunha oferta para todos os gustos. Dende o prato máis demandado como é o combinado de ovos fritidos con patacas e chourizos, pasando pola tortilla de patacas ou as tortillas francesas recheas, empanada de atún e ovos ou os grelos cocidos con chourizo e patacas. Uns patos que manteñen os prezos de hai tres anos “”prezos económicos ao alcance de todos os petos, que van dende os 3 euros das tortillas francesas, os seis do prato combinado ou os 7 euros que custan os grelos”. Uns pratos que inclúen pan, viño e biscoitos caseiro de sobremesa.

María Cruces, Asociación de Veciños de Nespereira

A festa contará ademais cun pregoeiro de excepción, o campión paraolímpico Chano Rodrígeuz quen lerá o pregón ás 13:00 horas. Previamente dende o Concello organizan unha andaina que partirá ás dez da mañá e que permitirá aos participantes gozar dos atractivos paisaxísticos e naturais do concello. A festa rematará cunha actuación do Dúo Estelar.

Unha festa que mantén a tradicional carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas, xa que de cara a esa xornada poderían producirse algunhas chuvias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará