Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paula Amoedo: “Gustaríame facer un mural en Redondela”

IMG_0563

A artista plástica de redondela, Paula Amoedo, acaba de estrearse na arte urbana tras pintar un mural dun ovni nunha das fachadas da Gran Vía de Madrid. A obra foi a elexida nun concurso de deseño lanzado pola empresa Tiger a través de Intagram. Unha experiencia que asegura foi moi satisfactoria e que confía poder repetir nas rúas de Redondela.

Estudou bacharelato de artes e está graduada en Bellas Artes pola universidade de Vigo. Agora mesmo imparte clases de pintura polas tardes, a nenos e persoas maiores, no Centro Recreativo Cultural de Redondela no Pazo de Mos. Ademais, tamén traballa para o Concello de Redondela como deseñadora gráfica e web. 

Decidiu participar no concurso “de casualidade”, grazas a unha publicación nas redes sociais. Para “Quedamos dous finalistas e a decisión final a tomou o público nunha encosta de Instagram que durou 24h”.

“Participei no concurso de casualidade a través de Instagram, non buscaba gañar”, comenta Paula.

O deseño que presentou está inspirado noutro mural galego que se atopa no espigón de A garda. A artista, conta que inicialmente a idea era moi distinta “tiña pensado facer unha nena, pero o xurado buscaba algo máis interactivo e decidín cambialo por completo”. A finalidade da obra é chamar a atención “para que a xente poida sacarse fotos como se estivera sendo aducido polo ovni”.

“Buscaban algo interactivo e orixinal”, conta a artista.

Aínda que era a súa primeira vez na disciplina da arte urbana tivo que traballar en tempo récord. Comezou ás 8:00 da mañá e rematou ás 22:30h da noite, cun único descanso para comer. Para a artista  “pintar un mural tan rápido, nunha avenida con tanto movemento foi unha experiencia moi bonita. A xente parábase a ver o meu traballo e quedei moi satisfeita”.

Paula engade, “gustoume moito que me valorasen e colleran a alguén de Redondela”

Este premio serviulle de impulso e motivación para seguir participando en certames artísticos. Agora mesmo está seleccionada para o concurso do XIX Festival de cans “Pintar o cine” que se celebra entre o 18 e 21 de maio en Porriño. “Vou facer un cadro en directo dunha escena da película galega Dhogs, porque é orixinal e creo que o distinto gusta”. 

“Estou entre os 10 finalistas do concurso de Cans”, apunta a deseñadora.

Todos os que queiran seguir o seu traballo poden facelo a través das súas redes sociais @paul.art3 ou @paulamoedol.

Aínda que a artista ve o seu futuro na docencia, o mundo do arte urbano parece que vai seguir presente na súa vida e engade que “algún día lle gustaría facer un mural en Redondela”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará