Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, humor e creación audiovisual para festexar a lingua galega no IES de Soutomaior

ies souto

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o centro acolle dende o 9 ao 18 de maio un programa de actividades centrado especialmente na creación musical e audiovisual galega. O humorista David Amor, a xornalista María Obelleiro ou a artista Iria Medraño estarán co alumnado, que tamén subirá ao escenario no día grande, o vindeiro venres 13.

O Equipo de Normalización Lingüística do IES de Soutomaior organizou, en colaboración con diferentes departamentos do centro, un intenso programa de actividades culturais e formativas nas datas próximas ao Día das Letras Galegas. A Semana das Letras deu comezo o luns 9, coa proxección do documental Polas bravas! e seguirá hoxe martes 10 co actor e humorista pontevedrés David Amor, que conversará co alumnado sobre a súa traxectoria no campo da TV, o cine e os escenarios e o traballo da interpretación. Así mesmo, gravará un programa de radio co alumnado de 1º de Bacharelato. Tras el, Clara Seco e Rodri Míguez, bos coñecedores do xornalismo, a produción e a distribución musical, achegarán a escena musical actual á rapazada de varios cursos.

A escritora e música Iria Medraño será a convidada do festival que se celebrará o venres 13, no que tamén os alumnos e profesores demostrarán as súas dotes musicais e interpretativas no evento “Canteira de artistas”. Pola súa banda, o alumnado de 2º ESO interpretará breves pezas de teatro para os máis pequenos e proxectarase a exitosa comedia Cuñados, interpretada por Miguel de Lira, Xosé Touriñán e Federico Pérez.

Finalmente, o mércores 18 a xornalista de Soutomaior María Obelleiro, directora do xornal Nós Diario, pechará este ciclo de actividades cunha charla sobre os retos aos que se enfronta  o xornalismo e arredor da presenza do idioma galego nos medios de comunicación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará