Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace Cuidadela, unha asociación para atender as necesidades socioemocionais da veciñanza

cuidadela

O acto de presentación terá lugar esta tarde ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e contará coa presenza de dous profesionais referentes no ámbito da Psicoloxía a nivel nacional, como son Joaquin Serrabona e Andrés González Bellido, quen falarán da Saúde Mental na infancia e adolescencia. O acto estará amenizado coa música do pianista Alberto Vilas.

Detrás desta nova asociación están un grupo de mulleres, profesinais de diferentes ámbitos, vinculados na maior parte coa psicoloxía, quen decidiron botar andar este proxecto tras decatarse da necesidade de prestar unha maior atención as necesidades da poboación no ámbito da saúde mental.

María Gómez, presidenta de Cuidadela

A súa presidenta, María Gómez, salienta como a situación de pandemia, que levou aparellado un illamento social, supuxo para moita xente desenvolver procesos de depresión e angustia que afectaron en maior medida a adolescentes e persoas maiores.

Uns problemas que non sempre son atendidos axeitadamente por carecer de atención específica nos centros de saúde ou mesmo polos tabús existentes no que se refire a saúde mental.

Confía agora en contar co apoio das administracións para poder desenvolver este proxecto que entende “é moi necesario e máis nestes tempos que correr”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará