Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama que se retire a festividade do Luns do Cristo do calendario oficial

lunes cristo

A Agrupación de electores reclama que “dunha vez por todas, se retire esta data como festa local do calendario oficial de Redondela e urxe ao Concello a substituíla por outra”. Concretamente propoñen que se traslade ao martes de Entroido, que quedaría como o outro día non laboral do municipio xunto co xoves da Coca. Denuncian tamén a “contaminación acústica” que supón a tirada de bombas de palenque.

Os representantes de AER opóñense a este festivo do Luns do Cristo por dúas razóns. A primeira, porque entenden que, se ben este día ten un peso histórico e tradicional en Redondela polo vínculo deste municipio co mar e cos mariñeiros, o certo é que hoxe en día o contido excesivamente relixioso desta festividade carece de sentido nun estado e nun concello aconfensional. E, en segundo lugar, porque o acto central do Luns do Cristo, que é a procesión, ten lugar sobre ás 20.30 horas da tarde, nun horario que permite a asistencia de todos os fieis sen necesidade de declarar este día como non laborable. “Ademais -insisten desde a Agrupación- este ano a procesión nin sequera tivo lugar e, co parón da pandemia, e hai xa tres anos que non se celebra, deixando este día de festa sen programación algunha para a veciñanza”. “Unicamente favorece que os redondeláns acudan en masa a Vigo a gozar dun día de ocio coa familia e amigos”, engaden.

A Agrupación de Electores de Redondela tamén quere denunciar a contaminación acústica derivada das bombas de palenque que foron tiradas onte pese a que, tal e como xa se indicou, a procesión finalmente non tivo lugar. “Só supoñen un maltrato para as mascotas da veciñanza”, conclúen desde AER

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará