Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a X edición do festival de curtas Andaina cunha experiencia sensorial no Multiúsos

fic andaina

O auditorio da Xunqueira acolle este mércores ás 19:00 horas “os sentidos do cine”, unha experiencia que nos permitirá vivir o cine dende a perspectiva dunha persoa cega e unha persoa xorda. Unha proposta que supón o arranque deste festival de curtametraxes que organiza a Asociación Andaina e que se prolongará ata o domingo coas proxeccións das oito curtas a concurso, o pase da película “Valentina” e posterior coloquio coa súa directora Chelo Loureiro e outras propostas.

Tras os pases escolares, a programación aberta o público arranca hoxe mércores 27 cunha experiencia sensorial, onde os asistentes poderán meterse na situación de vivir o cine dende os sentidos, con proxeccións audiodescritas para persoas cegas e subtituladas para persoas xordas. A actividade contará tamén con intérprete en lingua de signos.

O Venres 29 chegará un dos pratos fortes para os máis cativos coa proxección ás sete da tarde da recente gañadora nos Premios Goya  “Valentina” en compañía da súa directora Chelo Loureiro.

Na fin de semana, o sábado haberá a posibilidade de asistir aos pases das curtas a concurso, oito películas que foron seleccionadas entre as máis de 200 presentadas e que responden a criterios de calidade e de temática.

O domingo, presentado pola actriz e modelo Cristina Maró, disfrutaremos do día principal dende as 18h coa proxección da sección escolar-novel, con traballos realizados en centros escolares ou de atención a persoas con Diversidade Funcional e ás 20h será a quenda do Bloque 2 da sección oficial.

Programa do FIT Andaina

Mércores 27/Entrada de balde
Multiusos da Xunqueira
19h Os sentidos do Cine (Experiencia sensorial)
Proxeccións accesibles con audio descripción
e subtítulos. Venres 29
Multiusos da Xunqueira/Entrada 3€
19:00h Proxección da película “Valentina”
Coloquio ca directora Chelo Loureiro

Sábado 30
Multiusos da Xunqueira/Entrada 3€
17:00h Proxección da película “Valentina”
Multiusos da Xunqueira/Entrada 4€
19h Proxección Bloque Sección Documental
20h Proxección Bloque 1 Sección Oficial
21h Actuación musical

Domingo 1
Multiusos da Xunqueira/Entrada 4€
18h Proxección Sección Escolar
19h Proxección Bloque 2 Sección Oficial
20h Entrega de Premios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará