O proxecto de construción de instalación de pantallas acústicas na autoestrada AP-9 no enlace entre O Morrazo e Teis é xa unha realidade, unha vez que na xornada de onte saída publicado no BOE e se iniciaba a fase de exposición pública. A actuación suporá un investimento total de máis de sete millóns de euros (7.091.393 euros) e contempla a instalación dun total de 14 pantallas divididas en tramos de diferentes alturas repartidas ao longo do ámbito da actuación.
As actuacións incluídas no Proxecto supoñen implementar apantallamentos para atenuar os niveis acústicos provocados polo tráfico que discorre pola AP-9 no tramo que vai dende O Morrazo ata Teis e contempla a colocación de pantallas de metacrilato cunha altura de 0’9 a catro metros.
Proxéctanse un total de 14 pantallas acústicas divididas en tramos de diferentes alturas repartidas ao longo do ámbito de actuación que supoñen un total a colocación de 2.931 m liñais. A maior parte das pantallas ciméntanse sobre o terreo, aínda que tamén hai tramos anclados a muros.
Ábrese agora a fase de exposición pública que se prolongará durante un mes, prazo no que aqueles que así o consideren poderán presentar as alegacións oportunas a este proxecto.