Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As feiras de Redondela recuperan a súa data habitual

sdr

As novas disposicións da Xunta permiten que os mercados con menos de 150 postos poidan dispoñer de todos os seus puntos de venda habituais. Desde o Concello explican que esta medida permite a Redondela recuperar a feira nos seus días tradicionais, o 6 e 21 de cada mes, e en Chapela os días 2 e 16. O goberno local decidira en abril trasladar ao domingo as feiras para poder pechar ao tráfico a avenida Mendiño e así manter o 100 % dos postos. Deste xeito cumpríase co distanciamento obrigatorio da normativa vixente “sen ocasionar excesivos problemas de circulación ao ser día non laborable e non lectivo”. O concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, cualificou de “positivo” o cambio na medida anunciada pola Xunta, que indica “que estamos camiñando na dirección correcta á hora de frear a pandemia da Covid” aínda que lembrou que por parte do Concello “seguirán a manterse as medidas de prevención e protección sanitaria como o uso de máscara e itinerarios de entrada e saída para evitar aglomeracións”. Pola súa banda a alcaldesa, Digna Rivas, recalcou a necesidade de “non baixar a garda” e seguir facendo gala “da responsabilidade que a cidadanía de Redondela amosou nos momentos máis duros e complicados desta crise”. A próxima feira de Redondela será este xoves, 6 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará