Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección e coloquio en torno ao documental “Mauthausen, regreso ao campo da morte”

RR_Noticias

Os deportados aos campos de exterminio nazis son os protagonistas deste emotivo documental no que dous galegos, Enrique Doval de Lugo e Joaquín Balboa de Ourense regresan ao campo de Manthausen no mes de outubro de 1979. Este traballo da TVG permite coñecer, a través da narración dos seus propios protagonistas, a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir. Poderase ver este venres ás 20:00 horas no Multiúsos e a continuación ofrecerase un coloquio con Eladio Anxo Fernández Manso, colaborador coa Asociación da Recuperación da Memoria Histórica.

Recuperar e divulgar a memoria fronte ao esquecemento que sofren as vítimas do fascismo en España, en xeral, e en Galicia en particular, está na base do traballo que realiza Eladio Fernandez Manso, encargado de presentar este documental e centrar o coloquio posterior. Profesor de Xeografía e Historia en el IES Antón Losada de A Estrada, membro da Asociación de profesores de Historia Sine Nomine e da Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio anima aos veciñas a achegarse a esta proposta que serve tamén para reivindicar a necesidade dun recoñecemento institucional para todas estas vítimas do fascismo que logo de 44 anos da morte do ditador seguen a ser as grandes esquecidas da democracia. Unha actividade que se desenvolve este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira no marco da exposición “Boix, Fotógrafo de Mauthausen” que organiza a Asociación para a recuperación da memoria histórica en colaboración co Colectivo Republicano e que buscan loitar contra o esquecemento que sofren os deportados.  

Eladio Fernández Manso profesor e investigador
Un documental contado en primeira persoa
Non esquecer
Actos que serven par lembrar ás vítimas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará