Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña sobre o asubío

RR_Noticias

O equipo redondelán segue invicto como local logo de vencer ao Silva por 1-0 cun gol de Félix no minuto 90. No fútbol local tamén gañaron o Arcade e o Atl. Vilar. No fútbol sala dúas vitorias importantes na Terceira División de Campito e Pazos de Borbén.

Terceira División

Choco 1-0 Silva
O Choco segue invicto como local esta tempada tras derrotar sobre a bucina ao Silva, e suma 15 xornadas sen perder. En canto ao partidos disputado en Santa Mariña, o Choco foi dono da pelota, ca equipo foi fiel ao seu estilo de xogo. O conxunto coruñés pechouse na busca dunha contra que non chegou. Os de “Gonza” tentárono unha e outra vez, sen recompensa ante o muro do Silva. Pero atopou o gol xa ao remate do encontro. Un erro na saída do Silva rematou co balón nos pés de Félix, que anotou no último suspiro do partido ante Damián. Na próxima xornada os de Redondela, no 7º posto da táboa, visitan o campo do Paiosaco, situado na parte baixa da táboa.
Choco: Cortegoso; Yago (Yerai, min. 61), Aitor Cañedo, Samu, Jacobo Lazcano; Nacho, Comis (Gabi Misa, min, 79), Caloi; Gabri (Cora, min, 68), Vilas e Félix.
Silva: Damián; Toni (Angulo, min. 90), Miguel Fiuza, Scalon, Lorusso; Mauro (Jony, min. 46), Cata; Brais Lema, Marcos, Aarón (Souto, min. 76); e João.
Gol: 1-0 , min. 90: Félix.
Primeira Autonómica
Arcade 6-1 Erizana
Dous tantos de Adrián Buján, un de Rubén, Eloy, Nordine e Campos deron a fácil vitoria ao Arcade. O gol do Erizana marcouno Zamo, de penalti. Os de Juan Amoedo, que manteñen o 4º posto, na próxima xornada visitan o campo do S.Martín, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica
Vincios 0-3 Atl.Vilar
Os de Mon Sanromán son 8º despois de vencer a domicilio do campo do Vincios, afundido na parte baixa da táboa. Na próxima xornada reciben ao Mosende, 13º do grupo.
Bueu 2-0 Cesantes
Amable adiantou ao Bueu na primeira metade. O Cesantes tentouno, pero quedou con nove na segunda metade. Álex Moledo sentenciou nunha contra no desconto. Os de Pablo Alonso baixan un posto, son 13º, na próxima xornada reciben ao Marín, da parte alta da táboa.
Terceira Autonómica

Chapela 2-2 Lavadores
Reparto de puntos que mantén ao Chapela na 4ª praza. Na próxima xornada visitan o campo do Sampaio, cos anfitrións situados na metade baixa da táboa.
Val Miñor 5-1 Nespereira
O Nespereira, afundido no pozo da clasificación, encaixou unha goleada no campo do líder, o Val Miñor. Na próxima xornada repiten como visitantes, no campo do Coia, 6º do grupo.
Marcón Atl. 2-1 Soutomaior
Anxo e Adri marcaron para o Marcón, que se clasifica así para a promoción de ascenso. O gol do Soutomaior anotouno Davicín. Na próxima xornada, que será a última de liga, reciben ao Santomé.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 10-6 Polideportivo Casás
Os de Chapela sumaron unha importante vitoria ante un dos seus rivais directos, pero seguen a 8 puntos da salvación. O sábado visitan a pista do Estrada Futsal, tamén en postos de descenso, e con 4 puntos máis que os de Chapela.
Concello de Begonte 3-7 Pazos de Borbén
Os de Fran Amoedo superaron sen problemas ao pechacancelas do grupo e recuperaron a 3ª praza. O sábado, ás 19.00 horas, reciben ao Valdesuso Peugeot Vilalba, 11º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará