Haberá espectáculos circenses, teatro, performances e monicreques nas actuacións programadas na Alameda para a tarde note de venres e sábado. Artistas procedentes de Arxentina, Brasil, Bulgaria e Andalucía ademais dos redondeláns Tanxarina centran o programa deste ano
Un ano máis o festival internacional de Artistas de Rúa achegará a Redondela unha ducia de espectáculos para todos os públicos e onde non faltará a presencia dunha compañía mítica do noso concello, o grupo de títeres Tanxarina quen presentarán o seu novo espectáculo Trogloditas. Haberá ademais música, espectáculos circense, performances e estatuas humanas, sendo este ano o fío condutor a maxia de proximidade. As actuacións arrancarán ás 20:30 horas do venres coas representacións de Tanxarina, o circo de El gran rufus e a música arxentina de Acordeón Man. Dende Brasil chega a obra de teatro de Daniel Boliche e dende Cuba a maxia de Raul martínez. Tamén na xornada inaugural poderase ver a performance Rúe Ritsari A comedia do Grupo electrógeno, gañadora do festiclown do pasado ano, será a encargada de pechar a xornada ás 23:00 horas. O sábado repetirán algúns dos espectáculos mentres que veremos como novidade ao grupo da Nova troba galega de maxia, ao belga Rudi Dudi e ao Capitán marabilla, quen repite na súa visita a este festival pero cunha nova montaxe que leva por título “Mono A & Mono B”.
A maxia será o fío condutor o programa
Espectáculos para todos os públicos na Alameda