O certame, dotado con 1.500 euros, quere ser un recoñecemento as e os xornalistas que, ademais de informar sobre a violencia machista, fuxan do sensacionalismo e coiden a intimidade das vítimas. Os traballos deben presentarse antes do vindeiro 30 de setembro. O Premio está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, […]
"Levántate Xan!" é unha proposta de narración oral que o contador Caxoto Díaz Valle levará á Biblioteca Xela Arias o xoves 16 de setembro, ás 18:00 h. e que se desenvolverá no auditorio do Multiúsos de Chapela. Inscrición previa na biblioteca, no teléfono 986-454-226 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal. A actividade está pensada para cativos e […]
A praia de Cesantes acolle o Festival alternativo Millo Verde, do 17 ao 19 de setembro. Concertos de The Far Badgers, Zeltia Irevire, La Yegros, María Ruiz&La Mare, High Paw e Pillabands.
Redondela acolle durante a fin de semana dos días 18 e 19 unha exposición interactiva integrada por unha veintena de réplicas de dinosauros. As entradas, a un prezo de 6 euros infantil e 8 os adultos, pódense retirar no portal ataquilla.com ou directamente no propio pavillón nos días da exposición. Poderá visitarse o sábado de 17:00 a 19:30 […]
A Escola galega de Consumo organiza este xoves ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla sobre a nova factura da luz. Ao longo dunha hora informarase aos asistentes sobre os diferentes aspectos á hora de entender unha factura eléctrica así como as medidas a aplicar para abaratar o consumo. A entrada é de […]
O Círculo Cultural de Chapela organiza un curso para obter a licencia de navegación. Impartirase o sábado 25 en horario de 16:00 a 22:00 horas, dúas horas de clases teóricas e 4 horas de prácticas. O prezo do curos é de 100 euros os socios, 120 os non socios. Inscrición no enderezo circulo@chapela.org ou no […]
O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 26 de setembro, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Penide/Mirallo. A […]
O COncello instalará unha carpa informativa nos seguintes emprazamentos en horario de 9:30 h a 14 h: Luns 27 de setembro. Centro de Saúde de Chapela. Martes 28 de setembro. Alameda Rosalía de Castro de Chapela. Xoves 30 de setembro. Mercado de Abastos de Redondela.
A primeira cita do programa Ler conta moito! terá lugar este mércores 29 de setembro ás 18.00 h na Biblioteca Municipal co contacontos "Historias da Marquesa" a cargo da compañía Pavís Pavós. Dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos e público familiar. Un espectáculo no que se conta a historia dunha marquesa […]
O Concello desenvolverá charlas informativas nas distintas parroquias –todas elas ás 20 horas– segundo seguinte calendario: Mércores 29 de setembro. Centro Cultural de Cabeiro Xoves 30 de setembro. Centro Cultural Miñoteira. San Martiño Venres 1 de outubro. Centro Cultural Saramagoso. O Viso.
A Casa da Cultura de Redondela acolle os días 30 de setembro e 1 de outubro un curso de manipulación e tratamento do amianto. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude como data límite o 23 de setembro no correo electrónico proyectos @g2consultores.es ou no enderezo tecnica.prevencion.riscos@redondela.gal. Tamén teñen a súa disposición o teléfono 986 392209. […]
Obradoiro:"20.000 leguas de lectura divertida", con Ciencia Divertida. O xoves 30 de setembro, ás 18:30 horas, na biblioteca Xela Arias de Chapela. Orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos. O prazo de inscrición está aberto na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.