Hoxe é Xoves 20 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival Internacional de Títeres

O XXII Festival internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo celébrase en Redondela do 1 ao 5 de setembro. Actuacións de rúa, nas carpas e no auditorio da Xunqueira.

Coñece o teu camiño

Soutomaior acolle o domingo 5 de setembro ás 20:00 horas na Alameda de Talo Río o programa cultural "Coñece o Teu Camiño" que combina un espectáculo infantil a cargo da compañía Barafunda Animación e unha actuación de folclore con música e danza tradicionais a cargo da Asociación Folclórica Corisco e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas. […]

Enquisa días festivos

O Concello de Redondela abriu o prazo para participar na consulta popular na que se solicita a participación de veciños e veciñas para coñecer as súas preferencias de cara a determinar os festivos locais para o vindeiro ano. Unha consulta non vinculante na que se pode participar ata o vindeiro 12 de setembro a través […]

Bolsa de emprego

Aberto o prazo para inscribirse nunha bolsa de emprego para optar ao emprego de traballador/a social no Concello de Redondela. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude antes do 17 de setembro. Toda a información aquí

Xornadas portas abertas no Conservatorio

As persoas interesadas en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio de Música Victor Ureña como na Escola de Música, teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os intrumentos dos que dispoñen nas xornadas de portas abertas que o centro realizará até o día 8 en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Obradoiro Procurando Saúde

A Cruz Vermella de Redondela organiza na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda o obradoiro Procurando Saúde con sesións individuais e grupais nas que se falará de sa´due, benestar, caldiade de vida, xestión do estrés, autoestima e autocoñecemento. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro na oficina da Cruz Vermella nos baixos […]

Cruch! en Arcade

O Peirao de Arcade acolle o sábado ás 19:30noras o espectáculo de novo circo, clown e malabares para todos os públicos con Kambahiota con La Coquette (Madrid).

Concerto Froles Mareliñas

A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o sábado 11 ás 20:00 horas un concerto de Froles Mareliñas organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela en colaboración co Concello, a churrería Montes e Kima Bai.

Camicirco en Talo Río

A Alameda de Talo Río acolle o domingo 12 de setembro unha proposta incluída dentro do programa cultural “Pasiño a Pasiño, Soutomaior no Camiño”. Será co espectáculo de circo e clown a cargo de PattyDiphusa con Superharte a partir da unha da tarde.

Visitas ao viñedos do Castelo de Soutomaior

O recinto acolle este semana unha nova edición do programa “Os Viñedos do Castelo”, con catro sesións para dar a coñecer a finca vinícola para as que xa está aberta a inscrición. As visitas ás catro hectáreas de viñedos do castelo terán lugar os días 14, 15, 16 e 17, todas ás 17.30h, en grupos […]

Escolas deportivas de Soutomaior

A proposta inclúe varias disciplinas adaptadas a diferentes idades como o pádel, tenis, baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos. O inicio está previsto para o luns 4 de outubro. Os interesados en recibir máis información ou realizar a súa inscrición poderano solicitar […]

Oferta laboral Andaina

A asociación andaina busca unha persoa graduada en educación social para cubrir o posto ata finais de ano. A persoa seleccionada non poder haber sido beneficiaria dos plan cooperación da Xunta de Galicia nas convocatorias dos dous últimos anos, valorarase positivamente master en discapacidade ou master en intervención en persoas con autismo.  CV a asociacionandainaredondela@gmail.com.