A Casa da Cultura de Redondela acolle os días 30 de setembro e 1 de outubro un curso de manipulación e tratamento do amianto. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude como data límite o 23 de setembro no correo electrónico proyectos @g2consultores.es ou no enderezo tecnica.prevencion.riscos@redondela.gal. Tamén teñen a súa disposición o teléfono 986 392209. […]
Obradoiro:"20.000 leguas de lectura divertida", con Ciencia Divertida. O xoves 30 de setembro, ás 18:30 horas, na biblioteca Xela Arias de Chapela. Orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos. O prazo de inscrición está aberto na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal
O pago en periodo voluntario ds recibos do imposto sobre banes Inmobles de rubana e rústica do exercicio 2021 remata o vidneiro 15 deoutubro. As persoas que non recibiran os recibos correspondentes pdoen solicitalos na oficina de Recadación na rúaErnestina Otero (986 408374) ou facer a xestión directamente a través da Oficina Virtual Tributaria premendo […]
O Castelo acolle en outubro 18 novas sesións das Visitas Caracterizadas ao Castelo, con reservas a través da súa web. Comezarán o venres 1 ás 16 e 17:30h, seguirán o domingo 3, ás 11, 13, 16 e 17:30h; o martes 12, ás 11, 13, 16 e 17.30 h; e o sábado 9, 16, 23 e […]
O Obradoiro Fernando Monroy deCesantes ten aberto ata o vindeiro 3 de novembro o prazo de recepción de imaxes para participar no seu concuros fotográfico no que se repartirán 650 euros en premios: mellor fotografía, categorías de adultos e categoría xuvenil (menores de 16 anos). Compre presentar a imaxe en copia dixital e impresa. Toda […]
A Asoicación de emrpesarios organiza os Shopping Days os días 1 e 2 de outubro, coa presentación da nova tempada e descontos Outlet tanto nos postos instalados na rúa Riberia como nas rúas diante das tendas.
As rúas de Redondela acollerán nas tardes do días 1 e 2 de outubro os espectáculos das compañías: Troula Animación, Tiritirantes, Xip Xap e Inventi Teatro. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura.
A segunda sesión do festival Souto Mareiro terá lugar este venres no Multiúsos de Arcade ás 21.30 horas con actuación da cantautora Sheila Patricia quen ofrecerá un repertorio que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autor, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado. A entrada é de balde […]
A Illa de San Simón acolle este sábado día 2 o ciclo de conferencias A música alfonsina en Galicia. A actividade busca homenaxear a Alfonso X O Sabio, autor das Cantigas de Santa María, no 800 aniversario do seu nacemento. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de xeito gratuíto a través da web do […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo día 3 ás 18:30 horas a obra Rosalía, dirixida por Fina Calleja. Entrada de balde con invitación que se debe recoller previamente no propio Multiúsos.
A biblitoeca de Soutomaior acolle un contacontos con Charo Pita o mércores día 6 ás 18:00 horas. Mirando o Ceo é o título do espectáculo e fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanse unha historia. Unha proposta orientada e […]
O sábado 9 de outubro ás 21 h na Alameda de Talo Río en Arcade poderase escoitar en directo a música da formación De Vacas. Con esta actividade o Concello de Soutomaior pechará o programa "Pasiño a Pasiño, Soutomaior no camiño" no marco Xacobeo 21-22. Entrada de balde, ata completar aforo por orde de chegada.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.