Hoxe é Mércores 19 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinema marabillas con Raquel Queizás

Espectáculo audiovisual "Cinema marabillas", con Raquel Queizás. O xoves 14 de outubro, ás 18:30 h., no auditorio do Multiúsos de Chapela Para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal

Visitas guiadas cemiterios dos Eidos

Arranca esta semana o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833 e recentemente rehabilitado. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello retómanse estas visitas que arrancan o vindeiro venres 15 de outubro e que continuarán os días […]

II festival Casto Sampedro

O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 17 de outubro ás 20:00 horas a II edición do festival Casto Sampedro coa actuación da asociación folclórica o Carballo das Cen Pólas e os Fillos D’Pile. Entradas gratuítas previa retirada no propio Multiúsos.

obradoiro Ender’s game en Soutomaior

O mércores 20  ás 18:00 horas chega a biblioteca de Arcade Ender’s game, un obradoiro orientado a maiores de 12 anos baseado na novela O xogo de ender. Neste obradoiro farase unha descrición do libro, da súa mensaxe e do seu ambiente e despois crearanse instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer […]

Tanxarina presenta A Cazola de Lola

Tanxarina estrea produción e faino na súa casa, no Multiúsos da Xunqueira. Será o sábado 23 de outubro cando presenten a obra A Cazola de Lola que se poderá ver con dúas funcións, ás 17:00 e 19:30 horas no auditorio da Xunqueira. Entrada 3 euros

Concerto de Corais

O Multiúsos de Arcade acolle este sábado 23 ás 20 h un concerto de corais coa actuación das Corais Polifónica de "Soutomaior" e Polifónica "A Cañiza". Unha propostas de balde ata completa aforo.

ITV vehículos agrícolas

A explanada do Salgueirón acolle este mércores 27 unha unidade móbil da Inspección técnica de vehículos que permitirá a todos aqueles que conten cun vehículo agrícola pasara revisión obrigatoria sen necesidade de ter que desprazarse. O horario de atención ao público é de 9:00 a 13:30 horas. Pódese solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou […]

Presentación libro da parroquia de Reboreda

A Asociación Labrego Cultural de Reboreda acolle o libro de Carlos Rodríguez "Reboreda: espazos de pedra, músicas de auga". Unha publicación promovida dende o servizo deormalización Lingüística co obxecto de dar a coñecer a riqueza das diferentes parroquias que confroman o Concello. A presentación terá lugar o sábado 30 ás 13:00 horas e contará coa […]

Contos do Mundo en Soutomaior

A biblioteca Luis Seoane acolle o o 27 de outubro ás 18:00 horas Contos do Mundo, unha proposta que pretende achegar as nenas e nenos outras culturas e realidades diferentes. Está destinado este contacontos a rapazada de entre 5 e 10 anos.

Caramelos no comercio local

O Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios convidan aos cativos a achegarse ao comercio local os días 29 e 30 onde recibirán caramelos para celebrar o Samaín.

Obradoiros Fai a túa cabaza

O programa organizado dende o Concello de Redondela arranca o venres 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolverá no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas

Xincana infantil de Samaín

O día 30 o Concello de Redondela organiza unha xincana infantil ambientada e caracterizada coa temática do Samaín, que comezará ás 18:30 horas na Praza do Concello, con inscrición previa no enderezo electrónico turismo@redondela.gal e no teléfono 986 401 713