Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atletismo en Redondela

Tarde de atletismo en Redondela para celebrar o XIII aniversario da Asociación deportiva CAR. O sábado 20 de setembro as rúas de Redondela converteranse nunha gran pista de atletismo coa celebración da V carreira popular infantil ás seis da tarde e a IV contrarreloxo por equipos que arrancará ás 20:00 horas. O prazo de inscrición para […]

Obradoiro de cultivo de flores aromáticas

A Horta do Cadaval, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), organiza un curso gratuíto sobre o cultivo de flores e plantas aromáticas os días 23, 24 e 25 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na Estrada do Cadaval, 49, en Reboreda. O obradoiro, que […]

Festival folclórico Anaquiños

O Grupo “Anaquiños” de Chapela celebra este sábado 27 de setembro o seu Festival Folclórico que contará coa participación do grupo Rancho Típico de Ilheu de Oporto e o grupo A Legua Dereita de O Corgo chegados dende Lugo. O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participan coas distintas seccións de baile -infantil e […]

Ignatius Farray abre o ciclo “Humor na súa tinta”

O programa arrancará o vindeiro 27 de setembro e inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela. Para a primeira das actuacións, que correrá a cargo de Ignatius Farray, quedan tan só medio cento de entradas. Pódense adquirir a través da páxina woutick.es […]

Festa do Porco ao espeto de Trasmañó

A comisión das Festas de Virxe do Carme de Trasmañó. Cabanas e Rande celebra este domingo a terceira edición da Festa do Porco ao espeto. Será baixo a ponte de Rande onde se instalará unha carpa para que os comensais poidan gozar dunha cita que estará amenizada pola música de Mariano de Suavecito. A xornada […]

Obradoiro de interpretación

O Obradoiro de Interpretación Comunitaria, baixo a dirección de Roberto Casal, comezará en outubro e, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, servirá tamén para fomentar a cohesión social, a creatividade e a participación activa da veciñanza. A actividade está pensada para todos os públicos cun grupo para mozos e mozas […]

Concurso fotografía

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten en marcha unha nova edición do seu certame de fotografía que nesta edición con dúas novidades principais. A primeira é elevar os premios ata os 1.200 euros. A segunda é a creación dunha nova categoría infantil ata os 12 anos de idade. A idea é fomentar a […]

Ángel Barros no Multiusos da Xunqueira: A luz dá arte en tempos de xenocidio

O pintor e restaurador redondelán Ángel Barros, que cumpre 90 anos este mes, presenta ata o 30 de outubro no Multiusos da Xunqueira de Redondela a exposición A luz dá arte en tempos de xenocidio. A mostra, con 12 cadros inéditos dos últimos dous anos, ofrece unha visión crítica da actualidade, centrada no xenocidio en […]

Roteiros medioambientais

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. Un programa que arranca o sábado 4 de outubro con dúas citas: unha actividade de observación de aves na zona da Portela en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas. […]

Percorrido polo río Pexegueiro

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. o domingo 5 realizarase un percorrido polo río Pexegueiro que permitirá coñecer o patrimonio e a riqueza medioambiental que existe nesta zona de ribeira. Unha proposta para os amantes do sendeirismo que […]

Horta ecolóxica

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable. Un programa que inclúe unha actividade en torno á horta ecolóxica que se desenvolverá dende o 8 de outubro ao 20 de novembro os mércores e xoves en horario de 16:30 a 19:30 horas no Multiúsos da […]

Doazón de sangue en Redondela e Chapela

Unha unidade móbil de ADOS estará situada o xoves 9 na Alameda de Chapela en horario de 15:30 a 21:00 horas e o venres e sábado ao carón do Concello. O día 10 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 11 de 10:00 a 15:00 horas.