O Círculo Recreativo Cultural de Chapela celebra o sábado 8 a partir das 19:00 horas o seu magosto popular que se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro e contará con carpa e música en directo. Dende a dirección do Círculo lembran que é imprescindible inscribirse previamente na cantina onde se lles entregará un vale. Os […]
A proposta multidisciplinar chega a Redondela o sábado 8 ás 20:00 horas con entrada a 3 euros que se pode retirar na conserxería do Multiúsos. A obra a cargo das integrantes de Proxecto Morriña, afonda na esencia máis profunda da identidade galega, explorando o noso pasado e as raíces de Galicia. Pretende traer ó presente […]
Actos relixiosos, propostas infantís e música centran as actividades organizadas os días 9 e 11 na parroquia de Ventosela co gallo da conmemoración do San Martiño, nun programa no que non faltará o tradicional magosto e que arrancará o domingo cunha sesión vermú amenizada polo grupo Refugallo Rock, cun repertorio cargado de clásicos do rock […]
O espectáculo cómico a cargo das actrices Arantxa Treus, Leticia Costas e Sabela Salgueiro serve para reflexionar sobre as relacións persoais e como facelas sans e respectuosas sen necesidade de que veñan cun manual de instrucións. A actividade chega a Redondela o domingo 9 ás 18:00 horas da man da Federación de Anpas que volve […]
O programa ofrece un plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas. Os cen participantes seleccionados recibirán formación en diferentes áreas como novas tecnoloxías e idiomas e realizarán prácticas en empresas. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto […]
A asociación de Empresarios busca cen mulleres para o seu programa de emprego que busca mellorar as competencias profesionais das alumnas participantes de cara a aumentar a súa inserción laboral futura. Para lograr este obxectivo a formación centrarase en sectores estratéxicos e actividades con alta inserción. O proceso de selección realizarase na rúa 8 de […]
O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe, Alén Nós presentará […]
Ábrese a convocatoria pública para o premio municipal en prol da Igualdade . O Consello Feminista Municipal do Concello de Soutomaior acordou con respecto ao 8M do vindeiro 2026, abrir a proposta do recoñecemento municipal Premio “María a das Mil Flores” á cidadanía do Concello en xeral, para que poidan aportar nomeamento de mulleres non […]
O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está […]
O venres 21 a biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade este venres ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de […]
O Multiúsos exhibe as imaxes gañadoras do concurso de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy ao longo de vinte anos A exposición, que se pode visitar no Multiusos ata mediados de xaneiro, recolle a totalidade das máis 200 fotografías presentadas nesta edición así como as imaxes premiadas das convocatorias previas.
O Obradoiro Fernando Monroy celebra o domingo 23 no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas o acto de entrega dos premios do seu concurso de fotografía. O acto, aberto á veciñanza, estará amenizado pola música do grupo “Airiños do Mar de Teis” e promete sorpresas e convite dun chocolate con churros para os asistentes. Todas […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.