Hoxe é Xoves 26 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ángel Barros no Multiusos da Xunqueira: A luz dá arte en tempos de xenocidio

O pintor e restaurador redondelán Ángel Barros, que cumpre 90 anos este mes, presenta ata o 30 de outubro no Multiusos da Xunqueira de Redondela a exposición A luz dá arte en tempos de xenocidio. A mostra, con 12 cadros inéditos dos últimos dous anos, ofrece unha visión crítica da actualidade, centrada no xenocidio en […]

Roteiros medioambientais

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. Un programa que arranca o sábado 4 de outubro con dúas citas: unha actividade de observación de aves na zona da Portela en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas. […]

Percorrido polo río Pexegueiro

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. o domingo 5 realizarase un percorrido polo río Pexegueiro que permitirá coñecer o patrimonio e a riqueza medioambiental que existe nesta zona de ribeira. Unha proposta para os amantes do sendeirismo que […]

Horta ecolóxica

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable. Un programa que inclúe unha actividade en torno á horta ecolóxica que se desenvolverá dende o 8 de outubro ao 20 de novembro os mércores e xoves en horario de 16:30 a 19:30 horas no Multiúsos da […]

Doazón de sangue en Redondela e Chapela

Unha unidade móbil de ADOS estará situada o xoves 9 na Alameda de Chapela en horario de 15:30 a 21:00 horas e o venres e sábado ao carón do Concello. O día 10 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 11 de 10:00 a 15:00 horas.  

Chocolate con estrelas

O Concello de Soutomaior organiza unha quedada para gozar do ceo e das estrelas. Será o venres 10 de outubro na Casa do Pobo de Moreira. Unha actividade de balde e sen inscrición previa pensada para todos os públicos que poderán gozar das astronomía e dun chocolate para acompañar. Aconséllase aos participantes que acodan ben […]

Percorrido pola vía verde e orientaventura en Cesantes

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións en dáus actividades previstas para o  domingo 12 de outubro: un percorrido pola vía verde de Chapela ás dez da maña e unha actividades de orientaventura en Cesantes en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. . As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo, […]

Chala sobre alimentación a partir dos 60

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable. Dentro desta programación o martes 14 en horario de 10:00 a 13:00 horas organizan unha charla formativa sobre como alimentarnos despois dos 60 anos. Unha actividade práctica, na que o nutricionista Jaime Juncal achegará aos asistentes información, […]

Club de arte na Biblioteca

«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e impartirase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas […]

Kayak pola Portela

A oficina de turismo abre o prazo de inscrición para anotarse nunha saída en kayak pola zona da Portela que se celebra o sábado 18 de outubro en horario de 11:00 a 13:30 horas. A actividade ten un custe de 20 euros por persoa. As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo, no teléfono 986 […]

Celebración do Ano Castelao en Reboreda

A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade cultural de Reboreda organizan os días 24 e 25 de outubro actividades centradas na figura do político, escritor e ilustrador Daniel Rodríguez Castelao no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento. Un concerto o venres 24 na Sociedade Cultural de […]

Concerto dos Carunchos

O Multiúsos do Piñeiral acolle o Día das Bibliotecas, venres 24 de outubro ás 20:00 horas un concerto a cargo de Os Carunchos quen presentará o seu libro disco “Unha gorxa chea de paxaros” cheo de poemas de Manuel María. Unha actividade organizada co gallo da conmemoración do XX aniversario da Biblioteca Xela Arias de […]